II CONGRESO XÉNERO, MUSEOS, ARTE E MIGRACIÓN
6-7-8 marzo 2015 – Rede Museística Provincial de Lugo
Nos días 11,12 e 13 de outubro de 2013 realizouse, no marco da Rede Museística Provincial o I Congreso Xénero, Museos e Arte.
O rotundo éxito acadado, con numerosas acreditacións e comunicacións
presentadas, o amplo seguimento a través das redes sociais, pero sobre
todo o convencemento no labor de compromiso social que a Rede Museística
vén desenvolvendo, impúlsannos a levar a cabo este segundo congreso,
no que se engade, como piar necesario, a Migración.6-7-8 marzo 2015 – Rede Museística Provincial de Lugo
Tras comezar coa exposición na pasada edición, dos estudos de xénero, estimulados polo movemento feminista, moi activo desde o último terzo do século XX, nesta ocasión propoñemos liñas de traballo en torno á presenza da muller nos museos e coleccións, dirixindo e participando de proxectos artísticos, así como afondando nos aspectos de xénero que aparecen nas migracións e a súa interculturalidade.